As Pontes, 21 de setembro| O día 28 de setembro a aula CeMIT do concello de As Pontes, situada no soto da casa Dopeso, porá en marcha un novo curso centrado no uso dos procesadores de texto. O procesador de texto é un tipo de aplicación informática para a creación, edición, modificación e procesamento de documentos de texto con formato. Este tipo de ferramentas son unhas das máis usadas no mundo da informática xa que permite escribir calquera tipo de documentos. Os contidos deste curso son:

o Que é un procesador de textos?

o Introdución ao medio de traballo (LibreOffice Writer)

o Crear un documento

o Estrutura e propiedades dun documento

o Formato de texto e formato de parágrafo

o Estilos e formato

o Imaxes, debuxos e fórmulas

o Táboas

o Cabeceiras, pés de páxina e seccións

Esta actividade é totalmente gratuíta. Desenrolarase dende o día 28 de setembro ó 7 de outubro cun horario de mañá de 10 a 12. Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.