[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| Tras 12 anos de agarda, As Pontes e os seus veciños volverán celebrar a Gala Do Deporte, unha homenaxe a todos os deportistas e disciplinas da nosa vila que vai recuperar a concellería de Deporte e Xuventude.

O máximo responsable deste departamento, Jesús Tembrás, convocaba onte aos representantes dos diferentes clubes ponteses nun encontro no que esta festa en honra ao deporte local foi o asunto protagonista.

Integrantes do Esteo, do Cd As Pontes, do clube de montaña O Caxado, Olympo, grupo xuvenil ou clubes de Tenis, rugby ou padel acudiron á chamada do edil para abordar os que serán os primeiros pasos para poñer en marcha esta celebración e que xa ten data: o 8 de xaneiro de 2016.

De feito, no encontro acordouse crear unha comisión, integrada por cinco representantes doutros tantos clubes deportivos ponteses, ademáis do propio concelleiro de Deportes e o seu asesor, que se encargarán do tema organizativo desta gala, ademáis de designar o xurado que escollerá ao deportista premiado o vindeiro mes de decembro.

A Jesús Tembrás e Vicente Roca uniranse Sandra Cadahía, en representación do clube Patín, Manuel Doce do clube de Montaña o Caxado, Manuel Buitron do Silex de tiro con arco, Celso Barro do clube de taekwondo Moo Doo Kwan e Xaime Castro, do CD As Pontes.

O polideportivo municipal volverá albergar, ao igual que xa o fixo anos atrás, este importante recoñecemento ao deporte local e do que iremos debullando máis novidades nas vindeiras semanas.

[/fusion_text][/fullwidth]