As Pontes, 11 de xuño| Xa está  aberto o prazo para solicitar o permiso necesario para acender fogueiras na noite de San Xoán.

Os interesados deben acudir ao Rexistro do Concello para recoller as instancias e entregalas posteriormente nas dependencias da policía local (en horario de oficina, de 09:00 a 14:00h), situadas no edificio CAP, na Canle IV. O prazo para solicitar o permiso finaliza o día 22 de xuño.