O Concello das Pontes continúa consolidando o tecido empresarial da vila atraendo novos e importantes proxectos. Nesta ocasión, a través do asentamento de ‘Agile’, empresa especializada en infraestruturas metálicas.

A compañía recuperou fai un par meses a actividade da antiga nave de Formoso no polígono dos Airios, cun persoal inicial que roldaba as 30 persoas traballadoras. Na actualidade, ‘Agile’  está traballando na organización para a ampliación e adecuación das súas instalacións e co obxectivo de aumentar a súa capacidade de produción prevista. Ademais, o proxecto ten previsto a creación de emprego e un incremento de persoal que supere as 80 persoas traballadoras.

A actividade principal da firma é a fabricación de estruturas metálicas singulares, mantemento de estruturas e estudos de enxeñería de detalle. Así, ‘Agile’ consolídase como unha empresa líder no sector da construción metálica e está recoñecida pola súa excelencia na integración de prácticas sostibles, a garantía de calidade e a innovación dixital.

Ademais, esta industria, que fará medrar o polígono pontés, centra o seus esforzos por transformar a industria da construción metálica, promovendo