VARGAS BLUES BAND en concerto en As Pontes

183

As Pontes, 1 de marzo| Dentro da súa xira 2018 “THE KING OF THE LATIN BLUES”, VARGAS BLUES BAND estarán en concerto no Cine Alovi do noso municipio e cun invitado especial:JONH JAGGER. O evento terá lugar o 23 de marzo ás 21:30h no auditorio pontés.

A venda de entradas anticipadas será a través da plataforma ticketea: https://www.ticketea.com/entradas-concierto-vargas-blues-band-as-pontes-invitado-especial-john-jagger/

Na taquilla do Auditorio poderán comprarse o mesmo día do concerto no seguinte horario: 23/03/2018: de 12:00 a 13:30h e dende as 20:00h. Prezo: 5 €

Javier Vargas

Comezou a tocar no garaxe familiar en Mar de Prata (Arxentina), simplemente por lecer e facer o que máis lle gustaba, tocar a guitarra. No 69 funda o seu primeiro grupo con amigos, chamado Javier Vargas. Pero non é ata 1970 cando empeza a profesionalizarse, en Venezuela, país ao que se trasladou a familia.
Poucos anos despois, Javier decide instalar a súa residencia no berce do country e o rock and roll, Nashville, onde perfecciona a súa técnica como músico e acaba montando unha banda con Larry Cotton.
Pero Javier non coñece o blues e namórase deste xénero da música ata que se traslada a Los Ángeles. Parte da música que hoxe escoitamos nace deste xénero, mesturado coas raíces da música latina,  ao que el mesmo bautizou como blues latino.