As Pontes, 2 de outubro de 2019.  O Ministerio de Transición Ecolóxica e Endesa comprometéronse a traballar na búsqueda de alternativas viables para a central térmica das Pontes, durante a reunión celebrada está mañá en Madrid.

Neste encontro, no que estiveron presentes, por primeira vez, todos os actores implicados, Ministerio de Transición Ecolóxica, Xunta de Galicia, Concello das Pontes, Endesa e os representantes dos traballadores, avaliouse, de forma conxunta, a situación actual da térmica pontesa co obxectivo de identificar as medidas que se poden poñer en marcha, de cara ao futuro, para garantir a continuidade da súa actividade.

Ao término deste encontro, o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, indicou que “saímos co compromiso de traballar, por parte de todos os axentes implicados, tanto do Estado, Ministerio de Transición Ecolóxica, Ministerio de Facenda, IDAE, Xunta de Galicia, Endesa e todos os axentes socias que estamos co corazón nun puño con respecto ao futuro do complexo eléctrico”

O rexedor, asemade, apuntou que é preciso materializar ese compromiso para gañar tempo para que, durante ese período de tempo, Endesa poida continuar coas probas que está a facer para substituír ou hibridar o carbón con outros combustibles bioresiduos e, ao mesmo tempo, activar diversos mecanismos á espera das conclusións destas probas.

Mecanismos que en palabras do rexedor, deben facilitar alternativas de futuro para o funcionamento da central e para a xeración de emprego que garanta o emprego ás persoas que depende do complexo así como chegar a conclusións sobre os apoios que  serían precisos activar por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica o Facenda, tales como a eliminación de céntimo verde ou outro tipo de esforzos como poden ser o pago por capacidade, que permitan continuar coa actividade da térmica no futuro.

En relación á procura de alternativas de futuro, González Formoso apuntou que é preciso ser moi prudente, trátase dunha opción que a propia empresa está testando nas súas instalacións e existe o seu compromiso para seguir avanzando nesas probas pero “é un proceso moi complexo no que é preciso comprobar o escenario técnico e económico de viabilidade da central con outros combustibles, xa non só por parte de Endesa senón tamén polo IDAE, o Ministerio de Industria e as Universidades galegas que se implicarán no proceso para ter clara a viabilidade, con certeza, de outras alternativas de futuro para non crear falsas e expectativas”

Finalmente, González Formoso mostrouse cauto e así sinalou que “hai que ser moi prudente co escenario, é francamente difícil pero existe o compromiso por parte de todos os axentes implicados. Seguimos motivados para seguir traballando pero igualmente preocupados porque non hai ningunha resolución que nos permita estar tranquilos”.