As Pontes, 22 de maio de 2024. A segunda edición de “As Pontes Ecuestre” xa ten data. Celebrarase o domingo 9 de xuño na extraordinaria contorna do lago. O Club Hípico Prado Ventura asume este ano as rendas da organización do evento, no que colaboran o Concello de As Pontes, a través da Concellería de Deportes, e a Federación Hípica Galega.

A cita acollerá varias competicións e probas: o Concurso de Saltos Territorial (CST) Derby de As Pontes, e sendas probas do Campionato Galego de Andadura e do Campionato Galego de Enganche, ademais dun torneo triangular de horseball.

Esta semana, e ata o 1 de xuño, a organización abría o prazo de matrícula nas diferentes competicións. Un trámite que debe realizarse directamente ante o comité organizador, o Club Hípico Prado Ventura, a través do teléfono 616 101 655. No caso da proba de andadura, xinetes e amazonas poderán anotarse tamén a pé de pista, unhas horas antes do seu inicio.

Cabe destacar que a inscrición é de balde, co obxecto de favorecer a participación nun evento que arrincaba en 2023 con moi bo acollida por parte de xinetes e público, o que alentou a súa continuidade no calendario local.