Festival Internacional Waveski Surfing As Pontes 2018

630

As Pontes, 12 de septiembre| O sábado, 29 de setembro, a partir das 19:00 horas, As Pontes será o escenario do Festival Internacional Waveski Surfing As Pontes 2018, unha actividade organizada ó abiero de Campionato Mundial de Waveski Surfing que se celebrará, a partir do 22 de setembro na praia de Pantín e que reunirá a máis de 90 deportistas procedentes de 14 países.

As Pontes acollerá, durante unhas horas, ós participantes nesta competición que realizarán un desfile desde a Praza do Hospital ata o Concello onde serán recibidos por membros de goberno municipal. Posteriormente celebrarase a cerimonia de entrega de premios que dará paso, tras a cea, ás 23:00 horas, na Praza de América, o espectáculo MITIC, que rende homenaxe  ó instrumento máis tradicional dá nosa cultura; a gaita e non que se interpretarán grandes éxitos da historia dá música como Europe, Bonnie Tayler, Bon Jovi ou Guns N’Roses.