AVISO IMPORTANTE: Novo prazo de inscrición ata o venres 25 de setembro de 2015
Debido a que non se cubriron as plazas do obradoiro de inglés de conversación para o curso 2015/2016, informamos que se amplia o prazo de presentación de solicitudes ata o venres 25 de setembro.
Informamos tamén que se crea un novo grupo de 1º e 2º de primaria e que as clases tamén serán os martes e xoves en horario de tarde.
Bases para a selección do alumnado para a participación no programa“Inglés de conversación”
- Descárgate aquí as bases e solicitude do programa: descargar
Obxecto da convocatoria
A presente convocatoria ten por obxecto a selección de nenos e nenas do Concello de As Pontes que participarán no Obradoiro “ Inglés de conversación” e convócanse un total de 45 prazas.
Destinatarios/as
Poderá participar no obradoiro o alumnado, empadroado no Concello de As Pontes, e que se atope cursando (2015/2016): 3º, 4º, 5º, 6º de Educación Primaria. Os horarios serán os seguintes:
• 3º primaria: martes e xoves de 17:15h -18:00h
• 4º primaria: martes e xoves de 18:00h -18:45h
• 5º primaria: martes e xoves de 18:45h – 19:30h
• 6º primaria: martes e xoves de 18:45h –19:30h
Desenvolvemento do Programa
O programa desenvolveranse en horario de tarde, no Colexio Santa María. O número de alumnos/as será de 45 distribuídos en 3 grupos de 15 alumnos/as.
As Faltas de asistencia á clase deberán quedar perfectamente xustificadas polas/os nais/pais do alumnado dentro dos cinco días naturais seguintes á falta. Non se admitirá fora deste prazo ningunha xustificación. No caso de producirse tres faltas no trimestre sen xustificar pasarase a ofertar a praza o seguinte alumno/a da lista de espera. A efectos de xustificación consideraranse algunha das seguintes circunstancias e emisores da xustificación:
• Enfermidade: xustificante médico.
• Asistencia a algunha actividade do centro escolar onde está matriculado: excursión, exame…: Informe da dirección do centro.
Con carácter excepcional estudaranse outros casos de difícil xustificación.
Sorteo
No caso de que a demanda existente fose superior ás prazas convocadas a selección do alumnado será mediante sorteo público o cal realizarase na aula polivalente Casa Dopeso o día 22 de setembro ás 10 horas.
Inicio
O inicio do programa será o día 29 de setembro.
Toda vez que o programa este en funcionamento non se admitirá ningún cambio de horario.