Febreiro, 2020
Detalles do Evento
IGUAL A NÓS Actividade de dinamización en igualdade ? Mércores, 12 de febreiro, ⌚ 17:30 horas ? Aula polivalente da Casa Dopeso Trátase dunha actividade promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade, a
Detalles do Evento
IGUAL A NÓS
Actividade de dinamización en igualdade
? Mércores, 12 de febreiro,
⌚ 17:30 horas
? Aula polivalente da Casa Dopeso
Trátase dunha actividade promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade, a través da FEGAMP, nos concellos pertencentes á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero da que forma parte As Pontes.
Esta actividade, orientada a mulleres adultas, ten como obxectivos prioritarios promover e sensibilizar na educación en igualdade, a corresponsabilidade e a prevención da violencia de xénero, concienciando ás persoas para a ruptura dos estereotipos de xénero.
A través desta iniciativa tamén se quere potenciar o uso das novas tecnoloxías como ferramenta de comunicación e formación e crear un espazo de encontro para mellorar a autoestima persoal e grupal das mulleres.
A actividade terá unha duración dunha hora e dividirase en dous bloques. En primeiro lugar, tras unha breve explicación da actividade, levarase a cabo unha representación escénica dirixida a abordar conceptos básicos sobre igualdade empregando as novas tecnoloxías como eixo vertebrador.
A continuación, tras a representación escénica, haberá tempo para realizar unha reflexión grupal na que, a través dun coloquio, as persoas participantes poderán expoñer as súas inquedanzas e reflexións. Ademais afondarase e tratarase de clarificar conceptos abordados na representación tales como a coeducación, a corresponsabilidade ou a aplicación EscApp.
A actividade rematará cunha perfomance contra a violencia de xénero que ten como obxectivo reforzar o aprendido e procurar cambios que permitan evolucionar cara unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Horario
(Mércores) 5:30 pm - 7:30 pm
Lugar
Casa Dopeso
Rúa Rosalía de Castro, 28, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña