Xuño, 2021

05xun6:30 pmFESTIVALSons da Bocanoite6:30 pm Pza. de América, s/n - 15320 - As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

Detalles do Evento

A segunda edición do ‘Sons da Bocanoite’ contará con artistas relevantes do panorama musical actual que compartirá escenario ca banda local Astra.

PEDRO PASTOR Y LOS LOCOS DESCALZOS

A Pedro Pastor a canción de autor vénlle de caste, pois é fillo de Luís Pastor e Lourdes Guerra e sobriño de Pedro Guerra, polo que debeu aprender o oficio desde cativo. Vaille a mestura de estilos, o pop, o rap, e ata as baladas coa canción de autor, para transmitir as súas mensaxes de crítica social e política que non lle impiden dedicar letras tamén ao amor, ás relacións persoais vistas desde o prisma dun mozo do S. XXI.

Editou cinco álbums, o último deles é ‘Vulnerables’, producido polo  multi-instrumentista Diego Galaz, no que aparecen a cumbia, o  funk, o rap, a champeta, a música africana… sen perder a esencia do propio autor. E xa ten listo un novo LP que lanzará proximamente.

CARMEN BOZA

Se algo destaca en Carmen Boza é a súa capacidade de sorprender e de emocionar. Xunto a outras grandes figuras do noso panorama musical, converteuse co paso do tempo nunha das nosas maiores referentes femininas dentro da escena musical.

Con todo, o seu potencial, a súa enerxía e a súa inspiración non pararon aí. E é que precisamente agora, acaba de regalarnos a súa última pequena gran xoia, chamada “Suave”. Unha canción en grao sumo especial, na que a artista reflexiona sobre a fugacidade e a relatividade do tempo, o ser e a soidade.

MR KILOMBO

Mr. Kilombo é o proxecto persoal de Miki Ramírez. Con cinco traballos ás súas costas, este artista consolidouse como unha das grandes apostas do panorama nacional. Temas con letras coidadas con mimo e sutileza, convertidas en melodías pegadizas, con retrousos contundentes e unha posta en escena enérxica e interactiva convértenlle nunha metralladora de disparar  hits. É luz, é enerxía e é vitalismo.

Actualmente atópase virando co seu novo álbum “Curtocircuítos”, que viu a luz en xaneiro de 2020 e foi gravado integramente en Madrid e producido por Paco Salazar. Colaborou con artistas como Rozalén, El Canijo de Jerez,  Jenny & The Mexicats, El Kanka, Mordo, Pedro Pastor, Macaco ou El Niño de la Hipoteca. As visitas da súa canle de youtube cóntanse por millóns, tanto en España como en Latinoamérica.

ASTRA

Astra é grupo grupo musical pontés formado por Carla Alvariño e Víctor Leal, creado co obxectivo de facer música propia e buscar un estilo que represente o seu proxecto.

A finais do ano pasado lanzaron o seu primeiro traballo, “Andrómeda”, dez cancións nas que reflicten as súas influencias: Linkin Park e Twenty One Pilots, por parte del, e Sés e Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, por parte dela.

As invitacións pódense recoller presencialmente na billeteira do cine Alovi o luns 31 de maio e o martes 1 de xuño. Tamén se poden retirar os días 2, 3 e 4 de xuño no teléfono 981 44 03 44 en horario de 9 a 13 h ou por correo electrónico enviando a [email protected] un mail no que se inclúa o nome completo, DNI e teléfono de contacto. As persoas que empreguen a vía online recibirán un correo de confirmación da reserva.

Horario

(Sábado) 6:30 pm

Lugar

C.E.I.P. Santa Maria

Pza. de América, s/n - 15320 - As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

X