Xullo, 2022
18xul8:30 pm10:00 pmFESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE8:30 pm - 10:00 pm
Detalles do Evento
BANDA DE GAITAS DA ESCOLA MUNICIPAL DO CONCELLO DAS PONTES
Detalles do Evento
BANDA DE GAITAS DA ESCOLA MUNICIPAL DO CONCELLO DAS PONTES
A banda de gaitas nace da escola municipal de música tradicional das Pontes posta en marcha no ano 1991, actualmente esta escola ten 160 alumnas e alumnos nas disciplinas de gaita, pandeireta, percusión, acordeón e baile galego. Desta grande afección pola música no noso Concello e como consolidación da traxectoria do alumnado da escola, hai 14 anos formouse a banda de gaitas dirixida por Román Romero.
Esta banda tanto no repertorio, como na instrumentación e indumentaria encadrase no marco “tradicional” escapando doutras variantes con elementos metálicos e ritmos marciais.
GRUPO DE BAILE TRADICIONAL ALXIBEIRA DO PADROADO DA CULTURA DE NARÓN
Grupo de Baile Tradicional creado en 1986 e integrado por bailadoras e bailadores de idades comprendidas entre os 15 e os 30 anos, que comparten o interese pola recuperación das máis xenuínas tradicións culturais galegas. O obxectivo do grupo é a posta en valor do folclore e costumes de Galicia e a recuperación das nosas tradicións culturais, fundamentando o traballo realizado na investigación e afondamento nas raíces autóctonas.Todos os traxes da formación son reconstrucións confeccionadas seguindo fielmente os patróns orixinais, cos mesmos tipos de tecido usados antigamente.
CÍA DE DANZA INDEPENDENTE FUSIÓN FOLCLÓRICA- MÉXICO
Esta é unha compañía, creada para dar a coñecer a cultura a través del folclore mexicano a nivel nacional e internacional. Nace o 9 de novembro de 2009, no Municipio de Tula de Allende no Estado de Hidalgo, México.Son un organismo cultural independente, descentralizado que ten a firme convicción de transmitir e fomentar a cultura mexicana de xeito non lucrativo;coa formación de nenos, xóvenes e adultos, contribúen de xeito socio-cultural a unha sociedade equitativa.
GRUPO DE BAILES FOLCLÓRICOS SÖRBÖ UNIVERSIDAD DE COSTA RICA
O Sörbö é unha danza dos indíxenas Bribris, que representa a unión entre homes e mulleres, pois para estes indíxenas non había diferenzas entre eles, todas as persoas son iguais e importantes dentro da comunidade. Os indíxenas bailaban o Sörbö tanto na adversidade como na bonanza, polo tanto cando chegaba ao mundo un novo membro da tribo ou cando morría alguén, eles bailaban sörbö. Este Grupo fúndase en Febreiro de 1979 e dende entón presentan o seu traballo dende lugares de comunidade lonxanas con escasos recursos económicos ata auditorio e teatros de renome nacional e internacional.
Neste festival amosarán o espectáculo “RAÍCES TICAS” cun repertorio que inclúe pezas de diferentes rexións do País.
EL BALLET FOLCLÓRICO GUARIONEX – PUERTO RICO
Este grupo nace no alto das montañas do pobo de Morovis en 1978. O grupo de traballo
dedícase a rescatar, divulgar e educar a través da música folclórica recreando tradicións e costumes nun espectáculo de calidade e bon gusto. Bailan todo tipo de música folclórica incluíndo bailes de garabato bomba y carnaval. O vestiario está cheo de colorido que representa a mestura de culturas.
- Luns, 18 de xullo
- 20:30 horas
Horario
(Luns) 8:30 pm - 10:00 pm
Lugar
Avd 8 de Marzo