Marzo, 2019
Detalles do Evento
Baseada na novela de James Baldwin, 'El blues de Beale Street' segue a historia de Tish, unha muller de Harlem embarazada e recentemente prometida que loita
Detalles do Evento
Baseada na novela de James Baldwin, ‘El blues de Beale Street’ segue a historia de Tish, unha muller de Harlem embarazada e recentemente prometida que loita contrarreloxo para demostrar a inocencia da súa parella. Unha celebración do amor contada a través da historia dunha moza parella, as súas familias e as súas vidas. En palabras do propio autor, a película explica como todos os negros de América naceron en Beale Street, referíndose ás dificultades que atopan pola simple razón de ter un ton de pel distinto ao doutros habitantes. A película escrita e dirixida por Barry Jenkins é unha celebración ao amor incondicional dunha parella nova, a súa familia e os conflitos que se orixinan ao redor deles mentres tentan seguir o soño americano.
A súa protagonista, Regina King, foi gañadora do Oscar e o Globo de Oro á mellor actriz de reparto.
- Sábado, 2 de marzo: 17:00, 19:30 e 22:00 horas
- Domingo, 3 de marzo: 17:00 e 19:30 horas
- NRM12
- PVP: 5 euros
- Venta das entradas 30 minutos antes de cada sesión.
- Venta anticipada en https://www.ticketea.com
Horario
Marzo 2 (Sábado) - 3 (Domingo)
Lugar
Casa Dopeso
Rúa Rosalía de Castro, 28, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña