As Pontes, 10 de xullo| O sábado, 14 de xullo, a partir das 20:00 horas, no Auditorio Municipal Alovi, os amantes da música teñen unha cita coa XXXIII Mostra de Música Coral, organizada pola Coral Endesa As Pontes, con colaboración co Concello de As Pontes. Ademáis da coral pontesa, no festival tamén actuarán a Coral Aririños de Quenxe (Corbubión) a Coral de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa) e a Coral Pozolagua Abesbatza que chega á vila pontesa desde  Karrantza ( Bizkaia)

  • Data: 14 de xullo
  • Hora: 20:00 horas
  • Lugar: Auditorio Municipal Alovi
  • Entrada de balde