As Pontes, 24 de maio| O domingo, 3 de xuño, a partir das 10:30 horas, desputarase, no Lago de As Pontes, o Memorial Carlos Fornos/Trofeo José Ramón Corral 2018; regata das modalidades K4 e C4 das ligas galegas de cadetes, junior, senior e veteranos, tanto masculinas coma femininas, encadrada no Grupo 1 da Liga Galega e organizada polo Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

Este ano a regata inclúe, como novidade, os PORTEOS nos que os regatistas terán que baixar das súas embarcacións e percorre, con elas, un anaco da praia para despois continuar a regata nas augas do lago. Esta novidade, xunto coa saída de terra, daralle gran vistosidade ás regatas, que terán unha distancia de entre 6 e 9 km.

Horarios

  • 10:30 horas. Cadetes (Todos: homes k4 e c4 e mulleres k4) e mulleres C4: 2 voltas.
  • 11:15 horas. Mulleres junior e senior (k4) e Homes junior e senior (c4): 3 voltas.
  • 12:30 horas. Home senior, junior e veterano (k4): 3 voltas.

As mulleres C4 participarán (se as houbese) coma una única categoría absoluta.

Voltas

A saída da regata efectuarase desde a praia, co cuarto integrante da embarcación na terra, situado detrás dunha liña de cinta e na zona delimitada para as saída (zona máis á dereita de praia)

Cada unha das voltas terá unha distancia de 3km, aproximadamente. Ó final das dúas primeiras voltas (na primeira no caso dos cadetes) realizarse o porteo pola praia (75 metros) A zona límite de embarque e desembarque estará sinalizada con bandeiras e valados.

Trofeos

  • Premios individuais ás tres primeiras embarcacións de cada categoría.
  • Trofeo memorial Carlos Fornos: mellor equipo senior, junior e veterano home (k4+c4)
  • Trofeo memorial José Ramón Corral: mellor equipo cadete home (k4+c4)
  • Trofeo Concello das Pontes: mellor equipo feminino (todas as categorías).

A organización recomenda o uso de cubrebañeiras e achicadores en todas as embarcacións.