RTVEume| O Concello de As Pontes e o clube ciclista Vilalba As Pontes veñen de abrir o prazo de inscrición para a que será a 18ª edición do Desafío Fragas do EUme, unha proba que de seguro volverá ser todo un éxito e que se desputará o 21 de xuño.

Ata o vindeiro 18 de xuño será posible anotarse nesta proba que constará de 121 kilómetros e que arrincará ás 9.30 da mañá dende o casco urbano de As Pontes en dirección á Capela e que tamén inclúe o paso polos concellos de Cabanas, Pontedeume, Monfero, Irixoa e Xermade para, posteriormente, afrontar regreso a As Pontes a traverso de Marraxón.

Durante o percorrido, os ciclistas deberán afrontar ata cinco ascensións duns desniveis medios do 6%, nos altos de Aurela, Bico da Costa, Camposa do Foxo, Sotavento e Marraxón e establecerase un punto de control eliminatorio no quilómetro 107 de percorrido, con horario máximo de paso ás 2 da tarde. O peche de control de meta realizarase ás 3 da tarde na línea de chegada que estará ubicada na avenida de Ferrol.

Os interesados en anotarse poden acceder á web www.championchipnorte.com e alí formalizar a súa inscrición que variará de prezo segundo o prazo de matrícula e de se ocorredor está ou non federado.

Así as cousas, os ciclistas federados que se anoten ata o 5 de xuño deberán aboar 22 euros e 27 senon están federados, o que inclúe tamén a fianza do chip de carreira e o seguro para a xornada da proba. Asemade, de querer sumarse ao xantar popular que terá lugar despois da carreira, será necesario aboar 5 euros a maiores.

Os que se anoten entre os días 6 e 18 de xuño verán incrementadas estas cotas en 5 euros máis, con respecto ás cantidades anteriormente citadas.

Para obter máis información sobre esta proba tamén é posible acceder á web do clube ciclista Vilalba As Pontes no enderezo www.ccvilalba-aspontes.es.