XVII Xuntanza cabalar As Pontes

139

As Pontes, 30 de agosto| O 17 de setembro, organizada polos Cabaleiros do Eume As Pontes, celebrarase a XVII Xuntanza cabalar As Pontes, antiga Feira do Cabalo.

A apertura da feira será ás 10:00h da mañá, os participantes deberán inscribirse antes das 10:30h sendo a hora límite de inscrición ás 14:30h. Para formalizar a inscrición nas carreiras é obrigatorio presentar o libro de explotación, o libro de identificación de équidos, seguro correspondente así como o DNI dos xinetes. Para todas as probas deberá haber o dobre de participantes que de premios, en caso contrario, a organización reservarase o dereito de modificalas.

Para máis información se pon a disposición os seguintes teléfonos de contacto:

  • María: 616 501 179
  • Marcial: 680 117 256
  • Luis: 639 893 940