As Pontes, 20 de abril de 2018. A xunta de Goberno local do Concello de As Pontes adxudicou, está maña, as obras de saneamento de Villerma, Fase 1, e Abastecemento no Poboado do Anguieiro cun orzamento de 64.846,32 euros. As obras foron adxudicadas a empresa Areco S.L, cun período de execución de tres meses.

Por outra banda, o concello de As Pontes anunciou o inicio das obras de renovación do firme en Caxete e Terbá e, a vindeira semana, sempre que as condicións metereolóxicas o permitan, botarán a andar as obras de reparación e mellora do firme no Poboado da Fraga.