A Xunta de goberno local aprobou o expediente de remodelación da caseta do polbo

271

As Pontes, 11 de decembro| O executivo local  ven de dar luz verde ao expedente de licitación dos traballos de acondicionamento do local do polbo da Fraga. Foi nunha xunta de goberno na que se aprobou unha inversión de 157.000 euros para a mellora deste edificio público.

O pasado mes de setembro xa se procedía á aprobación deste gasto, ao abeiro dun paquete de obras e proxectos de 2,5 milllóns de euros que se presentou en sesión plenaria ordinaria, e entre os que se atopan estes traballos.

Está previsto que se acometa a mellora da cuberta deste edificio e tamén os baños. Asemade, cubrirase a zona porticada para incrementar o espazo útil do mesmo e tamén se pechará a zona da grella.

Asemade,en Xunta de goberno tamén recibía luz verde o expedente de tramitación anticipado  de gasto para a adquisición da rotopala que Endesa Generación ten instalada a carón do lago. Deste xeito, o executivo local pretende que esta máquina, tan relevante nestas últimas décadas para a economía local, pase a formar parte do patrimonio industrial pontés.