As Pontes, 6 de maio| Xubemociona, unha proposta da Concellería de Deporte e Xuventude que ten como obxectivo facilitar a conciliación familiar da veciñanza de As Pontes durante as fins de semana, pon o broche final o 1 de xuño de 2019 con contacontos, pintacaras de emocións e xogos.

Este programa, que está en marcha desde o mes de xaneiro, durante as mañás dos sábados, en horario de 10:15 a 13:30h está dirixido a nenos dunha franxa de idade de 2 a 12 anos. Un programa que, a través de diferentes actividades e dinámicas, fixo que os máis pequeno/ as da casa se divirtan mentres aprenden a xestionar as súas emocións.

O Concello fai un balance moi positivo desta actividade que durante todos os sábados desde principios do 2019 cubrían prazas contando con entre 30 e 40 nenos/as do municipio, repartidos en dous grupos, de 2 a 3 e de 4 a 9 anos. Este mes de maio o programa de educación emocional despídese con técnicas de relaxación e ioga, tras haber traballo en meses anteriores en materias de resolución de conflitos, recoñecemento de emocións, reforzo da autoestima, intelixencia interpersoal e habilidades sociais.

Xubemociona estará en marcha, todos os sábados, ata o 1 de xuño, no Espazo infantil Picariños, de 10:15 a 13:30h, a inscrición é gratuíta e realízase no momento.