As Pontes, 2 de marzo| A xornada de motociclismo que estaba prevista para este domingo no circuíto pontés queda suspendida por mor das malas condicións climatolóxicas previstas.

Os tests da VF Challenge Moto Race tiñan previsto chegar á nosa vila na estrea para estes vehículos do circuíto.

Serían tests de pretempada con cronometraxe oficial para GP Sport, minimotard adutlos, supermotard, motos clásicas, minimotos, e minivelocidade.

De calquera xeito, a decisión consensuada coa organización, o Concello, e un bo número de pilotos, que xa amosaran as súas reticencias nas categorías de base, levou a plantexar un adiamento.

A nova proposta que semella ter visos de sair adiante é celebrala o vindeiro 7 de abril.

Está pendente de confirmación definitiva porque a intención é facer unha fin de semana de motociclismo no circuíto inluíndo tamén a primeira carreira da VF Endurance, un trofeo de resistencia, o domingo 8.

Agora quedará agardar a confirmar as inscricións para esa proba, dado que para os sete mantéñense as inscricións e seguros xa asumidos para esta primeira data.

Todos os que estaban xa anotados para este domingo rodarán nas mesmas condicións o día 7 do mes que ven, a nova data de posta de longo do noso circuíto en motos.