Xogos populares ata o 7 de xullo

122

As Pontes, 21 de xuño| Os máis pequenos da casa poderán gozar de luns a venres de xogos populares no patio do colexio de Santa María. Esta actividade promovida pola Concellería de Xuventude O.M.I.X do Concello de As Pontes dará comezo o 26 de xuño e rematará o 7 de xullo. O horario será de 17:00 a 20:00h e haberá moitas actividades como obradoiros creativos, contacontos ou torneos multideportes.