O Concello de As Pontes, a través da concellería de Mocidade pon en marcha o programa Xogos do século XX,  unha interesante e divertida iniciativa municipal que  ten como obxectivo achegar ós máis pequenos da vila ós xogos de sempre e ofrecer una alternativa de ocio saudable.

A partir do luns, 2 de xullo e ata o día 19 do mesmo mes, de luns a vernes, entre as 5 e as 8 do serán, nos xardíns do Parque Municipal,  nenas e nenos de todas as idades poderán gozar cos xogos de toda a vida: as damas, o tres en raia, a comba, o pilla-pilla…

Unha proposta para aproveitar o tempo de lecer na que non faltará a música e baile con masterclass nas que os participantes poderán demostrar a súa paixón pola danza e,  sesións de contacontos que mergullarán ós participantes no mundo da fantasía.

Este programa de actividades lúdico-educativas é totalmente gratuíto para todos os nenos e nenas que se animen a pasar as tardes nos xardíns municipais.