Curso gratuito de Xestión de arquivos e cartafoles no ordenador na Aula CeMIT

83

As Pontes, 30 de novembro| O horario da Aula CeMIT:

  • Luns a xoves de 08:00 a 13:30 e 15:30 a 19:00
  • Venres de 09:00 a 14:00

Neste horario calquera persoa pode visitar a aula, xa sexa co obxectivo de consultar as súas dúbidas acerca das novas tecnoloxías ó axente TIC (tanto de ordenadores como de móbiles ou tablets), ou para facer uso dos equipos con conexión a Internet dispoñibles na aula.

O día 12 de decembro a aula ceMIT do concello de As Pontes, situada no soto da casa Dopeso, porá en marcha un novo curso orientado ás persoas maiores.O curso “Xestión de arquivos e cartafoles no ordenador”, ten como obxectivo achegar á xente maior ó mundo da organización interna dun ordenador xa que é unha das maiores dificultades cas se soen atopar. Crearemos carpetas, gardaremos contido nelas, veremos como copiar, cortar e realizar operacións sobre ficheiros e aprenderemos a intercambiar información como fotos e vídeos cun dispositivo externo, xa sexa unha memorIa portátil ou un teléfono móbil.

Esta actividade realizarase de 16:00 a 18:00 entre os días 11 e 21 de decembro. Como ven sendo habitual é unha actividade totalmente gratuíta.

Xestión de arquivos e cartafoles no ordenador

  • Datas Do 12 ó 21 de decembro
  • Periodicidade Luns, martes e xoves
  • Horario De 16 a 18

Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.