As Pontes, 9 de novembro| Esta fin de semana, 11 e 12 de novembro, temos estrea en As Pontes dunha nova tecnoloxía cinematográfica. Dende xa, vas poder desfrutar das películas do xeito máis alucinante do mundo.

Proxeccións de imaxe de súper alta definición e con son Dolby Surround, e sen ter que saír de As Pontes. 

Igual que na sala do cine máis moderna ven a comprobalo esta finde con “Thor: Ragnarok” ao cine da Casa Dopeso.

Sesións:

  • Sábado: 18:00h – 22:00h
  • Domingo: 17:00h – 19:30h.

Prezo único: 5 €

As fins de semana dos vindeiros meses haberá sempre cine, presta atención á carteleira.