O xoves 9 de xullo abrimos a exposición do X Certame de artesanía Antonio Fraguas na sala de exposicións do Mercado Vello.

O noso Concello é o primeiro da provincia que acolle esta exposición do Certame de Artesanía promovido pola Diputación da Coruña. A mostra recolle as obras presentadas a este certame, co fin de dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos, en dúas modalidades: artesanía tradicional e contemporánea.
Na exposición poderemos ver 42 pezas de xoiería, cerámica, téxtil e madeira.
Nesta edición o premio na categoría de Artesanía Tradicional foi para o artesán de Outeiro de Rei Xoán Manuel Tubío Fernández, coñecido popularmente como Xaneco Tubío coa obra “Zafoña Carneifona” , e na categoría de artesanía contemporánea foi para Francisco José Rodríguez Tarrón coa obra “Rocket Ride”.

A exposición estará nas Pontes do 9 ao 30 de xullo
Os horarios de visita son:
9-17 xullo: de martes a venres de 19.00 a 20.30h / sábado de 12.00 a 13.30h.
Especial festas do Carme: sábado 18, domingo 19 e luns 20 de 12.00 a 13.30h e de 19 a 20.30h.
21-30 xullo: de martes a venres de 12.00 a 13.30h