]Acebron Group, grupo de empresas formadas por Acecal, Acesan, Acemetal e Mecace, e coñecida antigamente como Rodabell, abriu as portas das súas instalacións o pasado venres 31 de xullo. As persoas inscritas para esta visita do proxecto “As Pontes Experiencia Industrial” coñeceron de primeira man os distintos traballos que alí se realizan, como mecanizado de gran precisión, caldeirería industrial ou tratamento superficial, con máquinas de última xeración e persoal altamente cualificado. Javier Acebrón, xerente de Acebron Group, realizou unha explicación previa na sala de reunións, e posteriormente guiou aos asistentes polas distintas naves que o grupo ten no Polígono de Penapurreira.

Nesta ocasión Ana Pena, Concelleira-Delegada Especial de Turismo, Hostalaría, Comercio e Emprego, e Juan Carlos Romero Concelleiro-Delegado Especial de Industria, acompañaron ao grupo durante a visita, que rematou como é habitual con paradas na Vilavella, o Lago e o Muíño de Prieto.

As persoas que desexen asistir ás visitas programadas para agosto poden ver os días e como reservar no seguinte enlace www.experienciaindustrial.com