RTVEume |

A Secretaria Xeral de Comercio da Xunta, Sol María Vázquez visitou hoxe a nosa vila para coñecer a marcha das obras de reforma do mercado de abastos.

Foi recibida polo Alcalde, Valentín González, e a Concelleira Ana Pena, que estiveron tamén acompañados por representantes da Asociación de Comerciantes e Empresarios de As Pontes e do PP local.

Logo de achegarse ata o edificio da Casa Consistorial dirxíronse ó mercado, podeno xa ver a integración deste edifício no seu entorno logo da remodelación á que se someteu a fachada e que modificou por completo a súa fisonomía no estético e funcional.

Logo a comitiva accedeu ó inetrior onde Sol Vázquez departíu con algúns praceiros e consumidores diante dos que defendeu o interrse do seu departamento por promocionar as prazas como pezas chave do comercio de proximidade.

O apoio do Goberno Autonómico ás obras emprendidas polo Concello van na liña de axudas destinadas a poñer en valor a calidade e a profesionalidade das prazas galegas.

Dende o Concello salientouse esa aposta que concorda coa que fixo o Goberno Local por un espazo que quedara moi obsoleto en canto a instlacións, malia ser un edifício e un servicio de moita relevancia na vida económica e social da vila.

O propio Alcalde defendía á clásica e histórica praza como o mellor escaparate do produto propio, e incidíu na importancia dunha inversión neses puntos de venda, para revalorizalos e poñelos a disposición non só dos veciños, senón tamén da xente que nos visite, na súa condición de elemento estratéxico. 

O mercado pontés foi definido, pola súa ubicación, e maior dispoñibilidade para novos usos,coa remodelación á que se someteu, como un elemento urbán especialmente estratéxico.

As inversións que nel se realizaron culaificáronse como positivas ó funcionar como un motor para o comercio de proximidade.

A oferta ampliarase ademais con novos usos entre os que cabe salientar a próxima disponibilidade de cinco novos locais comerciais.