As Pontes, 2 de xuño| O Concello das Pontes volvía convocar unha concentración para gardar un minuto de silencio, este mediodía diante da Casa Consistorial para manifestar o seu rexeitamento contra a violencia de xénero, tralo asasinato dun bebé de 8 meses e á agresión a súa nai en Arcos de La Frontera (Cádiz), e a agresión cometida en Murcia.

A cidadanía volvía ter así a posibilidade de amosar o seu rexeite a este novo episodio luctuoso de machismo e a súa solidariedade e cariño con familiares e amizades das víctimas.

Á fronte da concentración acompañada dun minuto de silencio, estiveron a tenente de alcalde Montserrat García, e os Concelleiros José Alén, e Antonio Alonso.

Os datos de asasinatos e mulleres gravemente feridas por violencia machista é escalofriante, e dende o Goberno Local van seguir a visibilizar esta lacra de vergoña que persegue á nosa sociedade, con concentración como a de hoxe.