[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| A plataforma na Defensa do Patrimonio está xa cos últimos preparativos da que será unha nova edición das Xornadas Mouras, a sétima xa que organiza este colectivo e que volve contar co respaldo do concello de As Pontes e a asociación informática Amigus.

Os vindeiros días 14 e 15 teremos a oportunidade de afondar un pouco máis no patrimonio cultural da nosa vila, mediante unha convocatoria que xa é todo un referente á hora de valorar e impulsar a gran riqueza cultural e patrimonial de As Pontes.

Precisamente, nesta sétima edición optouse por abordar o pasado, presente e futuro do patrimonio cultural pontés mediante un ciclo de conferencias, mesas redondas e ata saídas pola contorna para coñecer os restos arqueolóxicos que aínda perduran nos montes da zona.

A casa Dopeso volverá albergar a primeira xornada de actividades e que arrincará ás 10 da mañá coa presentación do evento a cargo da edil de Cultura, Sonia Sueiro, e o presidente da plataforma, Xosé María López Fernández.

A primeira das conferencias dará comezo dez minutos máis tarde e versará sobre a escavación arqueolóxica do xacemento romano do Chamoselo. A licenciada en Xeografía e Historia e integrante da empresa Adóbrica Arqueoloxía, Susana Ricart, será a encargada de impartir esta charla.

Ás 11 tomará o relevo Xosé María López Ferro que dará conta dos reloxos de sol que podemos atopar no noso Concello e das súas respectivas historias e, tras dunha pausa, ás 12.30, iniciarase unha mesa redonda sobre a musealización das materiais arqueolóxicas das Pontes.

Na mesma está prevista a participación do Director do Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, Felipe Arias; do arqueólogo Santiago Vázquez e do director da escola de restauración e conservación de Pontevedra, Fernando Carrera.

Xa ás 2 da tarde celebrarase un xantar no restaurante Casa Teresa e para o que será necesario anotarse e aboar 15 euros ata o vindeiro día 12 cubrindo o formulario que podemos atopoar na web www.amigus.org.

E o domingo 15 de novembro terá lugar un roteiro que levará por título Camiñando para visitar o patrimonio de As Pontes. O destino dos que desexen participar serán as zonas de Ribadeume, Bermui, Montouto e as Painceiras onde podemos atopar diferentes castros, medoñas, muíos e ata algún sartego.

A saída está programada para as 9 da mañá e o transporte será gratuíto. Asemade, contarase coa compañía de varios integrantes do clube de montaña O Caxado. Para participar neste percorrido tamén é necesario inscribirse previamente telefonando ao 681 365 713 ou ben enviando un correo electrónico a [email protected].

[/fusion_text][/fullwidth]