As Pontes. 17 de xaneiro| Mañá, 18 de xaneiro, ábrese a taquilla para venda de entradas da Gala Benéfica do espectáculo a Fraga das Escolas municipais de Baile moderno, danza clásica e grupo de teatro O Catre.

Como cada ano esta gala vai destinada a recadar fondos para unha causa solidaria, nesta edición a elixida é a campaña de micromecenado BIOPSIA LÍQUIDA levada a cabo por ONCOMET. A este proxecto pertencen dúas investigadoras pontesas, María de la Fuente Freire e Francisca Vázquez Rivera.

Os fondos que se consigan destinaranse á contratación de persoal, instrumental, e material funxible, para levar a cabo un proxecto de investigación moi ambicioso dentro do campo da biopsia líquida e que ha poder dar lugar nun futuro á mellora do manexo clínico de doentes oncolóxicos.

+ info: www. http://colabora.oncomet.es 
DATA DÍA SÁBADO 20 Dúas funcións :17.30h e 20.30h

Venda de entradas (taquilla do Auditorio M. Cine Alovi)
– Xoves 18: 19.00 -20.30h
– Venres 19: 12.00 – 13.30 h / 18.30 – 20.30h
– Sábado 20: 12.00 -13.30 h

Prezo: 3 €
** haberá unha FILA 0 para todas aquelas persoas que non asistan á gala pero desexen facer unha colaboración desinteresada a este proxecto**