[one_full last=”yes” spacing=”yes” center_content=”no” hide_on_mobile=”no” background_color=”” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” border_position=”all” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”” animation_speed=”0.1″ class=”” id=””][fusion_text]RTVEume.O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos estivo esta mañá en As Pontes para departir co seu homónimo da Deputación Provincial coruñesa, Valentín González.

A reunión, para tratar temas de interese común, e futuras liñas de colaboura, foi acompañada dunha visita á estrada que une Momán e As Pontes, unha vella demanda dos veciños da parte lucense e coruñesa canto ó seu arranxo e mellora, que está actualmente en proceso. Anque ámbalas dúas deputacións acometeron xa obras nunha estrada que está incluída na súa rede viaria, na xornada de hoxe, ademais do interese anunciábase o compromiso de completar esta adecuación do trazado coa súa mellora.

O alcalde pontés, e presidente da Deputación coruñesa saudaba a boa acollida da Deputación de Lugo: “Afortunadamente neste intre a sensibilidade é común para con esta vía, que recoñecemos é moi importante para os veciños da zona e como lugar de tránsito para desprazarse, sobre todo a Santiago, pero para comunicarnos con todo o Sudoeste da comunidade. É tamén unha saída importantísima para os nosos polígonos, e moi especialmente para o do Airíos, e calquera intervención ten que ser consesuada e en común.

Entendemos as dúas administracións que así debe ser, e para elo imos poñer os medios e reservaremos as dotacións pertinentes. Non podemos obviar que Xermade e As pontes son dúas localidades moi unidas no eido económico, social, cultural e industrial, e as infraestruturas non poden ser alleas a esa realidade”. A necesidade de intervención, en mellora do firme, ancheamento, e mantemento apenas acada os 12 kms, logo de que respectivamente cada Deputación ten xa actuado sobre algo máis de dous kms en intervencións previas.

Tanto Valentín González como Darío Campos, que estiveron acompañados do alcalde de Xermade, Roberto García, coincidiron en manter unha estreita colaboura nesta zona fronteririza entre as provincias de A Coruña e Lugo, onde as competencias, pero tamén os intereses son comúns. O compromiso é completar nesta lexislatura a obra en toda a estrada, da que quedan menos de dous kms en competencia da Deputación coruñesa, que se reflexarán xa no vindeiro Plan de travesías, e case dez para a lucense. A dotación precisa aproximarase ó millón e medio de euros.[/fusion_text][/one_full]