[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| Uns visitantes que, ano tras ano, temos a oportunidade de ver compartindo día a día cos ponteses e pontesas son os pequenos e pequenas saharauis que, cada verán, toman parte no programa de acollida temporal Vacacións en Paz.

Este verán non ía ser diferente e, dende hai uns días, temos xa connosco aos tres nenos que, durante os vindeiros meses, compartirán o seu día a día con outras tantas familias pontesas, e tamén, cos pequenos e pequenas da nosa vila.

Durante as vindeiras semanas, estes tres nenos poderán dende desfrutar das nosas festas patronais ata compartir un día normal nas Pontes, xogar con outros pequenos no parque, asistir á piscina municipal e, por suposto, unha vez máis o Concello xestionará unha revisión médica que permita detectar e atallar calquer problema de saúde que teñan estes nenos e nenas.

Outra xa das citas tradicionais na axenda destes tres nenos é a recepción oficial por parte do Concello, e na que ademáis destes rapaces tomaron parte as familias de acollida e Benigno López, como membro da directiva da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

O acto estivo presidido polo edil de Persoal, José Alén, e a concelleira de Benestar Social, Isabel Fornos, que, unha vez máis, agradeceron o importante papel que xogan as familias de acollida para ofrecer a estes nenos unha oportunidade e que, deste xeito, desfruten do verán, lonxe das altas temperaturas e coñecendo outra cultura como é a galega.

Por suposto, tamén dende o Concello, quixeron agasallar aos pequenos cun estoxo de cores, libretas e carpetas que estes rapaces poderán utilizar para debuxar nos seus ratos libres e, coma sempre, a foto de familia serviu para pechar esta recepción oficial.

[/fusion_text][separator style_type=”none” top_margin=”” bottom_margin=”” sep_color=”” border_size=”” icon=”” icon_circle=”” icon_circle_color=”” width=”” alignment=”” class=”” id=””][images picture_size=”auto” autoplay=”no” columns=”5″ column_spacing=”13″ scroll_items=”” show_nav=”no” mouse_scroll=”yes” border=”yes” lightbox=”yes” class=”” id=””][image link=”” linktarget=”_self” image=”https://vive.aspontes.org/wp-content/uploads/2015/07/vacacionsPaz3.jpg” alt=””][image link=”” linktarget=”_self” image=”http://aspontes.org/wp-content/uploads/2015/07/VacacionsPaz2.jpg” alt=””][image link=”” linktarget=”_self” image=”http://aspontes.org/wp-content/uploads/2015/07/vacacionsPaz.jpg” alt=””][image link=”” linktarget=”_self” image=”http://aspontes.org/wp-content/uploads/2015/07/vacacionsPaz4.jpg” alt=””][/images][/fullwidth]