As Pontes, 25 de outubro|Aberto o prazo para solicitar o acollemento dun menor saharaui ata o 15 de xaneiro de 2017.

Dende fai xa mais de 10 anos, o Concello das Pontes participa no programa “Vacacións en paz” , promovido pola Asociación Solidariedade  Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS).

A filosofía deste programa está integrada nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlle ós nenos e nenas saharauis unha estancia favorable e agradable, para uns menores que naceron nun clima de guerra.

Tamén para ofrecerlles unha posibilidade de coñecer outras maneiras de vivir, e facilitarlles, por enriba de todo, unha asistencia médica para valorar posibles problemas de saúde, ofertarlles unha alternativa de ocio e tempo libre, e evitar a súa estancia nos campamentos de Tinduf durante os meses de xullo e agosto debido ás altas temperaturas que alcanza o lugar.

O prazo para solicitar o acollemento dun menor saharaui estará aberto ata o 15 de xaneiro de 2017. Para máis información chamar ó teléfono 667129337 ou acudir ó departamento de servizos sociais no segundo andar da Casa Dopeso.