Unidade móbil de inspección de vehículos agrícolas na nosa vila

20

[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| Tanto mañá coma o mércores teremos na nosa vila a unidade móbil de inspección de vehículos agrícolas, un servizo que permite que veciños e veciñas da nosa vila con algún tipo de vehículo adicado ao mundo do campo poida cumprir cos correspondentes trámites de revisión e control sen ter que desprazarse fóra do noso municipio ou incluso da súa propia parroquia
A unidade móbil da inspección técnica de vehículos estará na rúa Juan Antonio Suances, a carón do edificio administrativo da Canle IV, mañá, en horario tan só de mañá, de 9 a 13:30h, e permitirá que todo aquel que así o precise cumpra con este requisito necesario para poder continuar a empregar o seu tractor sen medo a sanción algunha.
Xa ao día seguinte, o mércores día 11, este mesmo dispositivo de control quedará instalado na Faeira para atender a todo aquel veciño que precise cumprir con este trámite. O horario desta segunda xornada será tamén de mañá, de 9 a 13:30h.
É preciso lembrar que deberán facer fronte a este trámite os tractores, maquinaria autopropulsada e os remolques, agás motocultores e maquinaria equiparada, con máis de 8 anos de antigüidade; sendo necesario que á hora de pasar esta inspección o dono do vehículo presente a correspondente tarxeta de inspección técnica e o permiso de circulación.
Para pedir cita previa xa é posible telefonar ao 902 30 90 00 indicando a unidade movil de inspección número 3 ou acceder á web www.sycitv.com e alí facer a correspondente reserva de hora, de xeito telemático. Por suposto, tamén é posible achegarse ata a propia unidade móbil na rúa Juan Antonio Suances ou na Faeira e alí consultar as horas de revisión dispoñibles.[/fusion_text][/fullwidth]