As Pontes, 14 de novembro| Mañá mesmo teremos na nosa vila a unidade móbil de inspección de vehículos agrícolas, un servizo que permite que veciños e veciñas da nosa vila con algún tipo de vehículo adicado ao mundo do campo poida cumprir cos correspondentes trámites de revisión e control sen ter que desprazarse fóra do noso municipio ou incluso da súa propia parroquia.

A unidade móbil da inspección técnica de vehículos estará na Faeira para atender a todo aquel veciño que precise cumprir con este trámite e que, a pasada semana, non puidese pasar este control no casco urbano. O horario desta segunda xornada será de 09:00h a 13.30h.

É preciso lembrar que deberán facer fronte a este trámite os tractores, maquinaria autopropulsada e os remolques, agás motocultores e maquinaria equiparada, con máis de 8 anos de antigüidade; sendo necesario que á hora de pasar esta inspección o dono do vehículo presente a correspondente tarxeta de inspección técnica e o permiso de circulación.

Para pedir cita previa xa é posible telefonar ao 902 30 90 00 ou acceder á web www.sycitv.com e alí facer a correspondente reserva de hora, de xeito telemático. Por suposto, tamén é posible achegarse ata a propia unidade móbil na Faeira e alí consultar as horas de revisión dispoñibles.