Un obradoiro para iniciarse no apasionante mundo da arte e creación dixital

162

As Pontes, 14 de xullo| Un obradoiro para iniciarse no apasionante mundo da arte e creación dixital, dende o traballo con impresora 3d, fresadora cnc para fabricar os teus propios circuitos eletrónicos, a dixitalización 3d de obxetos e persoas, realidade virtual, robótica e electrónica con Arduino e Raspberry Pi, audio dixital, dróns e videoxogos.

No obradoiro de  mpresión 3d utilizaremos unha impresora Reprap Prusa i3, de base para crear novos instrumentos para equipar as Amigus Labs. Tamén veremos como mellorar a túa impresora, ampliar a base de impresión, a cama quente, o uso de dobre extrusor, e novos materiais.

No tocante os  róns e  ealidade virtual realizaremos un obradoiro de montaxe e dominio dos dróns usando simuladores de realidade virtual para practicar voos. Tamén profundizaremos das ferramentas para xerar contidos de realidade virtual, así como o hardware necesario.

Fabricaremos grazas a unha fresadora CNC circuitos electrónicas para os nosos proxectos.

Os mais pequenos tendrán a oportunidade de fabricar varios robots  scornabot, dende imprimir as pezas en 3D, o uso de motores, Arduino Nano e compoñentes electrónicos, aprenderán a facer pequeñas soldaruras en estaño, e darlle vida o robot programandolo. Os escornabots, quedarán en propiedade de Amigus Labs para ser utilizados noutros obradoiros.

Na zoa de  audio, traballaremos con equipos de secuenciación e dixitalización de són, usando  bleton Live e  ush 2, así como a creación de novas ferramentas interactivas audivisuais con Max/MSP.

Na zoa de xogos, teremos equipos con Rapsberry Pi para gozar xogando e creando; con xogos arcade, Scratch e MineCraft.

Crea os teus propios xoguetes, as túas ferramentas, prototipos, robots… fabrica case calquera cousa que imaxines!

Faremos unha parada para comer de 14:00 a 15:00, na que comeremos no mesmo Lar cun custo de 10 € por persoa (opcional), e estará incluida a comida e os refrescos. (Está prohibido o consumo de bebidas alcohólicas ou fumar no recinto da Amigus-Labs)

Unha vez máis a Amigus-Labs está co-organizada polo Concello das Pontes, Grupo de Empresa, Nauta, No Ping, Nodo Dixital e Xestcourido.

Na  migus-Labs arte e creación dixital podes traer a túa impresora 3D para resolver dudas ou intentar axudarche coa montaxe ou a configuración, ou se tes un proxecto en marcha vir e mostrar os demáis o que estás a facer.

Para asistir á Amigus-Labs tamén podes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalalo e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

  •  Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo! e é necesario para o uso do oordenador).
  • Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi – Regreta de enchufes.
  • Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
  •  D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

  • Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus-Labs arte e creación dixital, e que instales un antivirus.

A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 27 de xullo. Podes apuntarte enviando un email a [email protected] (prazas limitadas). Os menores deben traer a autorización dos pais/tutor para asistir a Amigus Labs (http://www.amigus.org/wp-content/uploads/2017/07/autorizacion_menores.pdf)

Amigus Labs é un proxecto da Asociación Informática Amigus.

O noso obxectivo é achegar posibilidades novas cada día, e facémolo poñendo en contacto persoas, ideas e proxectos, e facilitando o acceso a tecnoloxía e recursos.

Amigus Labs está formada por persoas curiosas e con ganas de aprender nun entorno de traballo amigable. Con acceso á tecnoloxía e compañeiros que nos axudarán na nosa aprendizaxe e con ese proxecto que tes en mente, que sabes que pode facerse, pero que agora non sabes como.

Máis información de Amigus Labs en http://www.amiguslabs.org