RTVEume| A Concellería de Benestar Social xunto coa Aula Cemit desenvolverán durante o último trimestre de ano un programa de titorías para menores. O obxectivo é axudarlles aos estudantes de Primaira e Secundaria co manexo do ordenador, na realización de traballos, búsqueda de información e outros aspectos que se demanden na vida escolar. Estas titorías desenvolveranse durante as tardes dos mércores, de cinco a sete da tarde na Aula CeMIT, no soto da Casa Dopeso e durante os meses de Outubro, Novembro e Decembro. Para participar, os interesados deben telefonar ao número 637 900 975. O número de prazas limítase a 18 estudantes por sesión.

Por outra parte, tamén lles temos que recordar que mañá venres remata o prazo de inscrición para tomar parte no obradoiro de inglés de conversación. Un programa gratuíto para escolares de 1º a 6º de Primaria que tamén oferta a Concellería de Benestar Social. As clases desenvolveranse os martes e xoves, dende as cinco e cuarto da tarde ás sete e media, e en tres sesións, a primeira para os estudantes de 1º e 2º de Primaria, a segunda para os alumnos e alumnas de 3º e 4º e o último turno, de sete menos cuarto a sete e media será para os estudantes máis maiores, os de 5º e 6º de Primaria. Os obradoiros de inglés de conversación chegarán a un máximo de 45 estudantes, distribuídos en grupos de 15 rapaces e rapazas.

As clases serán no Colexio Santa María comezando xa o martes da semana que vén, o día 29.