A Casa do Concello das Pontes albergou hoxe ás 12h o Pleno de Organización donde se definía a estructura organizativa coa que se vai xestionar o noso Concello.

A estructura queda definida por tres grandes áreas de xestión nesta lexislatura:
1.-  Área de Atención, Participación Cidadá e Desenvolvemento Local dirixida por Montserrat García Chavarría, Primeira Tenente de Alcalde e Portavoz do Grupo.  Desta área de xestión dependen directamente a Concellaría de Industria, delegada no concelleiro Juan Carlos Romero Montero; Turismo, Hostalaría, Comercio e Emprego, delegada en Ana María Pena Purriños e Cultura delegada en Sonia Sueiro Fernández.
2.- Área de Réxime Interno, Contratación e Recursos Humanos dirixida por José Alén Alvárez. Dependendo directamente de esta área está a Concellalía de Benestar Social, delegada na concelleira María Isabel Fornos Corral.
3.- Área de Facenda, Patrimonio, Urbanismo e Servizos dirixida por Antonio Alonso Román. Dependendo de esta área encontrase a concellalía de Servizos, Medio Rural e Seguridade Cidadá, delegada no concelleiro Antonio Castro Ferreiro.
A Concellaría en materia de Infraestructuras, será xestionada polo concelleiro Antonio Lourés Rebolo e a de Deportes e Xuventude , por Jesús Tembrás Martínez.
Ademáis da estructura organizativa tamén foron aprobadas as dedicación se exclusivas é parciáis , quedando fixadas en 34.309,30 euros brutos anuales para a Área de Atención, Participación Cidadá e Desenvolvemento Local, en 34.309,30 euros brutos anuales para a Área de Réxime Interno e Recursos Humanos e en 34.309,30 euros brutos anuais para a Área de Facenda, Patrimonio, Urbanismo e Servizos, 26.897,08 euros brutos anuais para a Concellalía de Xuventude e Deportes, e unha dedicación parcial de 20 horas semanais dotada con 13.448’54 euros brutos aunaispara a delegación especial de Turismo, Hostalaría, Comercio e Emprego. Procedeuse tamén a aprobación da creación de dúas prazas de persoal eventual de confianza dotadas con 20.930 euros brutos anuais.
Asimismo quedou establecida a periodicidade das  sesións ordinarias do Pleno que terán lugar o primeiro mércores de cada dous meses ás 11 da mañá.
A Xunta de Governo Local estará constituída polo Alcalde e os Concelleiros Montserrat García Chavarría, Antonio Alonso Román, José Alén Álvarez, Antonio Lourés Rebolo e Jesús Tembrás Martínez.