O Concello rematará canto antes os traballos de reposición da sinalética

114

As Pontes, 21 de decembro| O Concello de As Pontes prevé rematar esta semana cos traballos de reposición da sinalética horizontal das vías e rúas do municipio, logo de que moitas delas fosen recentemente remozadas no casco urbán.

Estes traballos de mantemento e mellora do firme supoñen ter que volver pintar todas as marcas viais, o que se foi facendo xa nestes días progresivamente para tentar non entorpecer na medida do posible o tráfico.

Así foi en rúas como a Avda de Ortigueira, ou o Rego do Campo, entre outras, e onde hoxe mesmo seguían a renovarse os pasos de peóns.

Pero ademais deses pasos de cebra, tamén se procede a repoñer o resto de marcas viais

Estas importantes actuacións, inherentes ó mantemento da rede viaria, teñen como principal finalidade mellorar a seguridade vial, facendo máis visibles estas guías indicativas que regulan o tráfico, e tamén as preferencias de paso entre vehículos e viandantes.

Para as Concellerías de Obras e de Seguridade Cidadá, a seguridade vial é unha prioridade, e é por isto que solicitan á cidadanía que extremen a precaución tanto se circulan en vehículo, como se o fan a pé, prestando atención á sinalética urbá, e evitando deste xeito o risco de que podan producirse accidentes.

 

A finais da semana que ven, prevese contar xa co novo peche perimetral do edifício do Conservatorio de música.

O vello Colexio Endesa do Poboado de As Veigas, que funciona agora como conservatorio de música e sé tamén da Escola da banda, mantiña aínda o vello muro que agora ven de ser substituido na busca dunha mellora estética e en seguridade.

Rematada a demolición do antigo, e a cimentación do novo, está a rematarse xa coa instalación dos piares do novo, que conta cunha composición de bloque na base e unha estrutura metálica sobre dela.

Este novo muro conta xa cunha actuación na súa contorna, que permitirá contar con beirarrúa ó arredor e a continuidade desta cara a dentro do centro para acceder ata a mesma entrada.

Logo de ter estado mantendo os traballos cadrando coa actividade do Centro, o que fixo que este cometido estivese supeditado a non interromper o desenvolvemento da rutina diaria, con accesos e saídas contínuas, a semana que ven, xa coas vacacións para os usuarios e usuarias, aproveitarase para rematar as obras precisas.