As Pontes, 4 de xuño| O club de Baloncesto de As Pontes organiza unha nova edición do Torneo de Minibasket Festas do Carme e a Fraga, Memorial Javier Carballo, que se celebrará o vindeiro 16 de xuño, no pavillón polideportivo municipal.

Este torneo serve para pechar a tempada do Club e celebrar o ano de traballo e competición de todos os integrantes C. B. As Pontes: xogadores, adestradores, pais, colaboradores..Nesta ocasión, contará coa visita dos clubes BBCA, C.B. VIVIEIRO e BASQUET CORUÑA.