As Pontes e o lago contan cun novo atractivo turístico. Unha tirolina que salva a praia para percorrer unha distancia que a converte na máis longa de Europa entre as urbanas e desmontables, con 200 metros.

Son 10 metros de altura en andamaio, con 15 de desnivel, e cunha velocidade aproximada de 30 kms por hora.

Os e as valentes que se animen a disfrutar desta experiencia única non precisarán de manter unha especial forma física. Tan só hai unha limitación para o peso que deberá abranguer entre os 20 e os 90 kilos, aproximadamente

A instalación conta con todas as garantías de seguridade desde a saída, asesorada por técincos que dotarán de todos os elementos de protección a quen monte, ata a chegada onde tamén estarán atendid@s.

Haberá tres monitores, un ó inicio, onde se colle o tiket e se coloca o arnés, outro na subida ó andamio de lanzamento, e xa un terceiro á saída, todos eles responsables da seguridade.

Técnicamente a seguridade tamén ven avalada por un andamio europeo Ulma multidireccional e un cable de aceiro inoxidable de 10 mm e 7 X 19.

Dende os catro anos, calquera poderá participar deste descenso en tirolina, que contou coa colaboura da Concellería de Turismo do Concello pontés, e desenvolve a empresa ET multiocio como matriz principal dun grupo no que tamén están os promotores multiaventura Galicia e Valdoaventura.