As Pontes, 17 de xaneiro| A Sociedade Deportiva Pena da Revolta organiza, coa colaboración do Concello de As Pontes, a Tirada de Entroido.

O evento deportivo terá lugar o 18 de febreiro e haberá trofeo para os tres primeiros clasificados. Finalizada a tirada celebrarase unha comida do tradicional cocido, para a que haberá que notificar asistencia polo menos con dous días de antelación.

A inscrición á tirada de modalidade standard será gratuita, e realizarse de 10:00 a 10:30h.