As Pontes, 27 de marzo 2019.  O Auditorio Municipal Cine Alovi acolleu, está mañá, con motivo das actividades organizadas polo Concello de As Pontes para conmemorar o Día Internacional da Muller a representación da obra teatral “Roedores”, una iniciativa financiada con fondos do Pacto do Estado, a través da Vicepresidencia do Goberno e o Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.

O alumnado de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Educación Primaria do CEIP Santa María, o CEIP a Fraga e o CEIP A Magdalena puideron achegarse, a través dun espectáculo dirixido a todos os públicos con música en directo, a conceptos como a igualdade de xénero, de oportunidade social, de dereitos e comprender, asemade, valores como os da amizade, o traballo en equipo ou a aceptación dun mesmo e os demais.

Roedores conta a historia de Peludiño, un hámster que escapou dunha gaiola para vivir aventuras na cidade coa compañía de Munda, unha rata soñadora que dedica as súas noites a procurar no lixo algo para comer, véndose obrigados unirse e traballar en conxunto para vencer a Gato. Os dous protagonistas aprenden que son máis parecidos do que pensan e que son as súas diferenzas as que os fan especiais e únicos.

A través desta actividade o Concello de As Pontes busca promover cambios na educación dos máis pequenos e pequenas da vila, durante as súas primeiras etapas educativas, co obxectivo de que aprendan e fagan propios os valores da igualdade e o respecto, deixando atrás os prezuíxos e estereotipos de xénero dun xeito ameno e divertido, fomentando, ao mesmo tempo, a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.