“Ela a miña amante e a miña señora”, a última producción do grupo pontés Quemaistén teatro colleitaba un novo éxito no certame Don bosco de teatro na Coruña.

Esta cita teatral, unha das máis sobranceiras do panorama galago, volvía contar coa participación desta formación amateur da nosa vila, que acadou o segundo posto na elección da mellor representación na categoría senior.

Ata a as táboas do escenario coruñés levaban a complexa situación na que se encontran nunha mesma casa un marido e as súas dúas amantes. Xosé Bonome dirixe esta comedia de enredos para tódolos públicos cun elenco no que están Ánxeles Gabeiras, Olga Chamosa, Servando Filgueiras, Xosé Fraga, Carmen Landázuri, Xosé Fernández e Carmen Cabarcos.

No elenco foron destacados ata catro cos seus respectivos dilpomas polas súas actuacións.

Levaban cadanseu diploma polo seu labor olga Chamosa, Ángeles Gabeiras, Xosé Fraga, e Servando Filgueiras.

Agora, durante o verán seguirán a xirar con esta peza mentres seguen a preparar a que será a da vindeira tempada, malia que aínda leva para tempo, pois teñen unha apretada axenda xa comprometida coa actual xira.