As Pontes, 21  de maio de 2018.  As Pontes, acollerá, o 2 de xuño, a presentación do  terceiro álbum, “Que me van a hablar de amor”, da Porteña Tango Trío, un dos grupos de tango máis populares, actualmente, en  Arxentina e Europa.

Este traballo é unha homenaxe ó compositor, Héctor “Chupita” Stamponi, polo centenario do seu nacemento e, para a súa posta en escena, La Porteña Tango Trío, contará coa colaboración de Eugenia Giordano, unha cantante de recoñecida fama en Arxentina e da parella de baile formada por Damian Roezgas e Amira Luna, finalistas no mundial de tango do ano 2015.

Durante este espectáculo, La Porteña Tango Trío, fará un percorrido polo repertorio dos clásicos musicais arxentinos chegando ata  a vangarda musical de Astor Piazzolla.

A presentación terá lugar, o sábado, 2 de xullo, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Alovi. As entradas poden mercarse o venres, 1 de xuño de 12:00-13:30h; e sábado, 2 de xuño, 12:00-13:30 e desde as 19:00h. Tamén poden mercarse de xeito anticipado en www.ticketea.com. O prezo das entradas é de 3 euros.