As Pontes, 13 de setembro| A asociación de veciños de As Campeiras vai arrincar, coa chegada do mes de outubro, un novo ano de actividades e interesantes talleres e cursos para todas as idades.

Así a oferta formativa para este ano incluirá clases de bordado, encaixe, talla de madeira, ximnasia, pilates e gaita.

Todos os interesados poden obter máis información sobre estes cursos ou ben xa anotarse ata finais de mes, na tenda de Electricidade Elicio Gómez. Asemade, ao igual que xa acontecía o pasado ano, dende a directiva do colectivo veciñal anunciaron que as clases de gaita serán gratuítas para os alumnos menores de 16 anos.