Dende o Departamento de Servizos Sociais infórmase que para o mes de outubro darán comezo os talleres de envellecemento activo. Nesta ocasión levaranse acabo dúas convocatorias de cociña saudable para patoloxías propias da terceira idade. Cada curso terá unha duración de 15 horas que se repartirán en 5 sesións de 3 horas cada unha.

Os requisitos para a inscrición son: estar empadroado no Concello de As Pontes e ter mais de 55 anos.

Ao ser prazas limitadas, asignaranse por rigoroso orde de inscrición. Cada curso conta con 20 prazas.

Para formalizar inscricións poden acudir ao Departamento de Servizos Sociais dende o 25 de setembro, en horario de 8:30 a 14:00 horas.