Súmate á compostaxe ecolóxica

83

Concello de As Pontes e a Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA), poñen conxuntamente en marcha un programa combinado de compostaxe doméstico e vermicompostaxe.

A presentación deste programa será o luns 25, e correrá a cargo do Presidente da compañía pública, Javier Domínguez, e da Primeira Tenente de Alcalde, Montserrat García Chavarría, na Aula da Reciclaxe “EcoEscola As Campeiras”, centro de educación ambiental no ámbito dos refugallos domésticos e urbanos.

  • Data: luns, 25 de setembro
  • Horario: de 11h a 12h
  • Lugar: Aula da Reciclaxe “EcoEscola As Campeiras”, rúa Covelos s/n, As Pontes
  • ABERTO A TODO O PÚBLICO

Para unha información máis detallada: [email protected] ou no teléfono 622.337.750

COMPARTIR
Artigo anteriorAberta ao tráfico a rúa Alexandre Bóveda
Seguinte artigoDía da bicicleta