Súmate á compostaxe doméstica!

173

As Pontes, 19 de xuño| Gustaríache facer compost ou vermicompost na túa casa?

Se a reposta é si, estás de noraboa!! O Concello de As Pontes e a Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA), imos poñer en marcha conxuntamente un programa combinado de compostaxe doméstico e vermicompostaxe.

A presentación deste programa será o xoves 29, e correrá a cargo do Presidente da compañía pública, Javier Domínguez, e da Primeira Tenente de Alcalde, Montserrat García Chavarría, na Aula da Reciclaxe “EcoEscola As Campeiras”, centro de educación ambiental no ámbito dos refugallos domésticos e urbanos.

  • Data: xoves, 29 de xuño (data aplazada ata novo aviso)
  • Horario: 11:30h a 12:00h
  • Lugar: Aula da Reciclaxe “EcoEscola As Campeiras”, rúa Covelos s/n, As Pontes
  • ABERTO A TODO O PÚBLICO

Máis información: [email protected] ou chamando ao 622.337.750